Artesanía-alimentaria

Deliciosas galletas elaboradas a partir de ingredientes 100% ecolóxicos, fariña, nata, azucre de cana e toneladas de agarimo en cada fornada.

Deliciosas galletas elaboradas a partir de ingredientes 100% ecolóxicos, fariña, nata, azucre de cana e toneladas de agarimo en cada fornada.

Deliciosas galletas elaboradas a partir de ingredientes 100% ecolóxicos, fariña, nata, azucre de cana e toneladas de agarimo en cada fornada.

Maruxas de Nata

As Maruxas de nata son galletas tradicionais, ecolóxicas e artesanais, únicas, elaboradas cunha sinxela pero exquisita receita propia da nosa terra, Galicia.

Se algo as caracteriza é o seu inigualable sabor que nos trae de volta á infancia e que conseguimos coa súa elaboración totalmente natural e artesá. Utilizamos unicamente materias primas de primeira calidade, con selo ecolóxico, sen aditivos nin conservantes e contamos coa certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia ( CRAEGA).

Os únicos ingredientes que forman parte da nosa receita son: A fariña de trigo de cultivo ecolóxico con moenda pola vella en muíño de pedra de silex, nata crúa tamén de produción ecolóxica, azucre de cana ecolóxico e nosas propias mans que conseguen que nunca atopes dúas Maruxas de Nata iguais.

Este exquisito e inimitable sabor é posible grazas á excelente calidade deses ingredientes, principalmente do que nos proporcionan unhas vacas moi felices que gozan dunha alimentación sa e natural, integramente ecolóxica, exenta de produtos químicos, vacas que pacen en liberdade nos campos galegos e que nos regalan esa nata tan rica coa que elaboramos as nosas deliciosas galletas, nata que ao fundirse co resto dos ingredientes, fai de cada unha delas un pequeno tesouro.

Este sinxelo proceso levámolo a cabo nun ambiente familiar, na nosa pequena granxa situada nunha inigualable contorna rural, en plena natureza e con fermosas vistas aos verdes prados do Concello de San Sadurniño (A Coruña), lugar ao que estamos tan orgullosas de pertencer.

As Maruxas de Nata foron premiadas dentro e fóra das nosas fronteiras, recoñecéndose deste xeito o seu exclusivo sabor e calidade, así como o noso esforzo e principal obxectivo, que non é outro que a recuperación da elaboración tradicional e a posta en valor da nosa cultura. Contan co premio "Alimentos de España", "Superior Taste Award", "Premio Excelencia a Innovación para Mulleres Rurais" e "Zoco de Ouro á recuperación de sabores tradicionais", entre outros.

Convidámosche a probalas pero coidado!!, non poderás parar.

Premio Taste Award 2022
Premio Zoco de ouro

Zoco de Ouro, Recuperación de Sabores.

2012

Premio mujer emprendedora