maruxas.com

info@maruxas.com

bandeja_maruxas

As nosas Maruxas son unhas galletas de nata tradicionais, ecolóxicas e artesanais, únicas que elaboramos diariamente seguindo unha receita moi antiga.

Se algo caracteriza ás nosas galletas é un sabor inigualable, que nos devolve á infancia e que conseguimos cunha elaboración totalmente artesanal deste doce. Utilizamos unicamente produtos ecolóxicos sen aditivos nin conservantes e están certificadas polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

Os únicos ingredientes das nosas galletas son fariña de trigo de cultivo ecolóxico, nata también de producción ecolóxica, azucre de caña ecolóxica e todo o cariño que poñemos en cada unha das fornadas.

Maruxas de nata ten unha produción que ronda os 50 quilos diarios para o que son necesarios 500 litros de leite ao día.

Invitámoste a que probes as nosas Maruxas de Nata e nos digas o que opinas.