Deliciosas Galletas
elaboradas a partir de ingredientes
100% ecolóxicos
con sabor suave e intenso.

Maruxas de Nata

As nosas Maruxas son galletas de nata tradicionais, ecolóxicas e artesanais, únicas, que elaboramos diariamente seguindo una receita moi antiga.

Se algo caracteriza as nosas galletas é o seu inigualable sabor, que nos devolve á infancia e que temos conseguido coa elaboración totalmente artesanal deste doce. Utilizamos unicamente, materias primas con selo ecolóxico, sen aditivos nin conservantes e contamos coa certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

Os únicos ingredientes das nosas galletas son: fariña de trigo de cultivo ecolóxico, nata tamén de produción ecolóxica, azucre de caña ecolóxico e todo o cariño que poñemos en cada unha das fornadas.

Este exquisito sabor é posible, grazas á excelente calidade dos produtos que utilizamos na súa elaboración, sobre todo a leite que obtemos de vacas moi ledas, vacas que desfrutan dunha alimentación sa, exenta de produtos químicos, vacas que pastan en liberdade e que nos regalan esa nata tan natural coa que elaboramos as nosas deliciosas galletas, nata que, na nosa pequena granxa, enclavada no Concello de San Sadurniño dentro dun precioso entorno rural, mesturamos co resto dos ingredientes, facendo de cada galleta o noso pequeno tesouro.

As Maruxas teñen sido premiadas, dentro e fora das nosas fronteiras, recoñecéndose deste xeito, o seu inigualable sabor e calidade, así como a recuperación da tradición no seu proceso de elaboración. Contan co premio “Alimentos de España 2011”, “Superior Taste Award 2013” e “Premio Excelencia a la Innovación para mujeres rurales 2011”, entre outros.

Convidámoste a que probes as nosas Maruxas de Nata, pero ollo!!, non poderás parar...

Utilizamos cookies para analizar a súa forma de navegar o noso sitio web, se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. Para máis información consulte o nosa política de cookies.

aceptar