Fariña, nata e azucre de cana ecolóxicos.
E todo o noso cariño.

Quen somos

Un grupo de mulleres que cremos neste proxecto, que cada día poñemos toda a nosa ilusión e empeño ao servizo do noso produto, buscando sobre todo a calidade e a excelencia, en cada unha das fornadas que a diario preparamos, coas nosas mans, unha a unha cada galleta, facendo polo tanto, de cada Maruxa, unha pequena xoia exclusiva.

Estamos convencidas de que a innovación e o progreso, no están rifados coa tradición e por iso tratamos de recuperar aquelas “pequenas cousas” que vestiron a nosa infancia de inocencia e ledicia. As receitas das avoas encheron de dozura a nosa vida, a súa experiencia e cariño fortaleceu o noso carácter e as Maruxas naceron, para ser o doce despertar de aqueles soños que críamos durmidos.

Premio Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais

Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño. Agosto 2011.

Premio Alimentos de España, Muller Emprendedora

Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño. Agosto 2011.

International Superior Taste & Quality Award

Premio Internacional Superior ao Sabor e á Calidade do iTQi (Instituto Internacional do Sabor e a Calidade) en Bruselas.

Zoco de Ouro, Recuperación de Sabores.

2012

Utilizamos cookies para analizar a súa forma de navegar o noso sitio web, se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. Para máis información consulte o nosa política de cookies.

aceptar